Buscador xeográfico

Buscador avanzado

Presentación

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura e Turismo, é o organismo da Administración galega que exerce a competencia exclusiva sobre o patrimonio cultural de interese de Galicia.

O patrimonio cultural de Galicia comprende os bens mobles, inmobles e inmateriais de interese artístico, histórico, arquitectónico, paleontolóxico, arqueolóxico, etnográfico, científico e técnico, ademais do patrimonio documental e bibliográfico, os conxuntos urbanos, os lugares etnográficos, os xacementos e zonas arqueolóxicas, así como os lugares naturais, xardíns e parques que teñan valor artístico, histórico ou antropolóxico.

É competencia desta Dirección Xeral a protección, conservación, acrecentamento, difusión e fomento do patrimonio cultural de Galiza, así como a súa investigación e transmisión a xeracións futuras.

[LOGO CONSELLERIA]

portada | contacto | aviso legal | accesibilidade | RSS | mapa web