Buscador xeográfico

Buscador avanzado

etnografico

Visita

  • Mecanismos de madeira dos batáns do Mosquetín

    Batáns do Mosquetín

    Os dous folóns de Mosquetín, situados na parroquia coruñesa de Salto (Vimianzo) foron restaurados recentemente pola Deputación Provincial da Coruña, e na actualidade forman parte xunto con dous muíños dun Conxunto Etnográfico. Os folóns teñen máis de dous séculos de antigüidade e ata o ano 1974 acudían a estes batáns do Mosquetín as mulleres
    que tecían mantas na zona para abatanalas e para que botasen o pelo.

  • Calvario do adro da igrexa no Valado, Bueu

    Calvario do adro da igrexa no Valado, Bueu

    Sito actualmente no adro da igrexa parroquial, este conxunto de tres cruceiros é, xunto co de Beade, un dos máis relevantes do país. Esta última estación do vía crucis destaca pola utilización de cruces latinas tanto para Xesús como para os ladróns, á diferencia da forma en tau que adoitan amosar para estes personaxes os calvarios galegos.

  • Pallozas do conxunto etnográfico do Cebreiro

    Conxunto etnográfico do Cebreiro

    Na alta montaña lucense, no límite das provincias de León e Lugo, atópase este pequeno poboado que durante séculos acolleu aos peregrinos composteláns que facían o Camiño Francés. O conxunto etnográfico está formado por catro pallozas, vivendas usuais da comarca ata o século pasado. Nel pódese ver a propia arquitectura das pallozas e a colección de bens que se garda e expón no seu interior: mobles, vestimentas, útiles domésticos, apeiros de labranza típicos do lugar, etc.

  • Conxunto termal das Burgas

    Conxunto termal das Burgas

    O marco natural das Burgas, na cidade de Ourense, foi modificado a finais do século XIX. Desde entón, estrutúrase como unha praza de dúas alturas que acolle tres fontes, así como as réplicas das aras romanas atopadas na cidade.

  • Detalle do cruceiro do Hío

    Cruceiro do Hío

    Os cruceiros figuran entre os monumentos máis representativos de Galiza e adoitan situarse nas encrucilladas, á beira dos camiños, nos lindes das parroquias ou nos adros das igrexas. Este último caso é o do cruceiro do Hío, que se atopa en fronte da igrexa parroquial do mesmo nome, no concello pontevedrés de Cangas. Esta peza do século XIX, obra do escultor Xosé Cerviño García, destaca por estar construída a partir dun único bloque de pedra desde o pedestal da cruz.

  • Fábrica de curtidos de Allariz

    Fábrica de curtidos de Allariz

    Un dos paseos obrigados na zona de Allariz é a vella fábrica de curtidos do lugar, á beira do río Arnoia. Nos anos sesenta o curtido de coiros mantíñase con forza na localidade. Abandonada a actividade comercial, o edificio da familia Nogueiras funciona hoxe como museo que ofrece un testemuño aberto ao público das vellas formas dos procesos de curtido das peles.

  • Hórreo de Lira

    Hórreo de Lira

    O hórreo de Lira é un dos elementos máis representativos do concello de Carnota. Desde fai moitos séculos, o hórreo é a peza clave do contexto arquitectónico, económico e cultural nas casas rurais galegas. É un espazo empregado para almacenar e protexer os froitos da colleita, fundamentalmente o millo.

  • Hórreo de San Martiño de Ozón

    Hórreo de San Martiño de Ozón

    A parroquia de Ozón ten un dos hórreos máis antigos do país. Forma parte dun fermoso conxunto que comparte coa igrexa parroquial de San Martiño, os restos dun antigo mosteiro e un muíño vello. Ademais de antigo, o hórreo é tamén un dos máis extensos: supera os 27 metros e conta 22 pares de pés.

  • Hórreos da eira da Lavandeira en Imo

    Hórreos da eira da Lavandeira en Imo

    Entre as abundantes mostras de arquitectura popular das que dispón o concello de Dodro sobresae o conxunto dos hórreos da eira da Lavandeira, situado na parroquia de San Xoán de Laíño. A maioría dos que conforman esta agrupación, formada por once construccións que se adscriben ao denominado tipo Noia, datan do século XVIII.

  • Hórreos da Merca

    Hórreos da Merca

    Os hórreos, presentes no noroeste peninsular, constitúen un rasgo xenuíno da arquitectura popular galega do rural. Estas construcións complementarias á casa labrega, de pedra ou madeira, teñen por finalidade a conservación dos cereais e doutros produtos do campo -especialmente millo-, ademais de secalos, curalos e protexelos dos ratos.

  • Muíños do Folón, patrimonio etnográfico do Rosal

    Muíños do Folón

    Trátase dun conxunto de trinta e seis muíños situados en ringleira uns á beira dos outros cunha canle común, de xeito que todos aproveitan a auga dos anteriores. Preto destes aparece o conxunto do Picón, formado por outros trinta e un muíños tamén dispostos en cascada. Sitúanse todos eles na ladeira dun monte chamado Campo do Couto, entre os barrios de Martín e Fornelos.

  • Os pendellos da feira de Agolada datan do século XVIII

    Pendellos da feira de Agolada

    Os pendellos da feira de Agolada son construcións de pedra do s. XVIII empregadas polos feirantes para resgardarse, gardar as cabalerías ou gando, comer e facer as vendas e as compras. A vila da Agolada é famosa pola súa tradicional feira do día 12.

  • Santuario de San Andrés de Teixido, destino de romaxes

    Santuario de San Andrés de Teixido

    Trátase dun dos santuarios con máis tradición de Galiza, alí ten lugar a romaría en honor a Santo André de Teixido, declarada festa de interese turístico nacional. A esta romaxe acódese o venres, sábado e domingo de pentecoste, o día 24 de xuño e do 16 de agosto ao 9 de setembro. Neste último período salienta o día 8 de setembro pola celebración da misa solemne, o misote, e pola grande afluencia de romeiros.


[LOGO CONSELLERIA]

portada | contacto | aviso legal | accesibilidade | RSS | mapa web