Buscador xeográfico

Buscador avanzado

castros

Visita

  • Castro de Baroña, na ría de Muros e Noia

    Castro de Baroña

    A península coñecida como Punta do Castro, na entrada sur da ría de Muros e Noia, acolle nos seus 22,6 quilómetros cadrados un pequeno xacemento castrexo marcado pola súa peculiar orografía marítima e as vistas panorámicas sobre Fisterra e Corrubedo.

  • Castro de Castromao

    Castro de Castromao

    O antigo asentamento de Coeliobriga, na actual parroquia de Castromao do municipio de Celanova, habitouse durante uns oito séculos entre o VI a.C. e o II d.C. Foi capital dos coelerni, como revelou a táboa de hospitalidade entre este pobo e o prefecto da primeira cohorte dos celtíberos, datada no 132 d.C.

  • Castro de Fazouro

    Castro de Fazouro

    O castro de Fazouro sitúase no leste da praia de Arealonga, nunha pequena península que penetra no mar sobre unha zona acantilada. Cunha superficie de 700 metros cadrados, é o único asentamento castrexo da costa cantábrica galega escavado e que se conserva musealizado.

  • Castro de San Cibrao de Las

    Castro de San Cibrao de Las

    O castro de San Cibrao (ou San Cibrán) de Las sitúase sobre os afloramentos graníticos da ribeira do río Miño, nun enclave estratéxico cunha ampla visión do territorio. Delimitado por murallas e foxos que lle confiren unha gran monumentalidade, conforma un dos poboados castrexos máis grandes e coñecidos de Galiza, representativo dun momento tardío na cultura castrexa e fortemente influenciado pola romanización.

  • O castro de Santa Tegra, na Guarda

    Castro de Santa Tegra

    O asentamento castrexo de Santa Tegra compón un xacemento arqueolóxico cunha extensión de 700 metros en dirección norte-sur por 300 metros en sentido oeste-leste. Rodeado por unha muralla que o delimita máis do que o protexe, o conxunto recolle vivendas, almacéns e fornos que exemplifican as características esenciais dos asentamentos galaicos durante os primeiros tempos da ocupación romana da Gallaecia. Recibiu o nome de "citania" pola influencia e semellanza cos grandes castros do norte de Portugal.

  • O poboado castrexo  de Viladonga, desde o aire

    Castro e Museo de Viladonga

    Pola súa monumentalidade, diversidade de estructuras construtivas e pola relevancia cualitativa e cuantitativa dos achados nel descubertos, o castro de Viladonga, un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes de Galiza, conforma xunto co seu Museo un conxunto clave para coñecer, estudar e comprender a evolución da cultura castrexa no noroeste en época romana. Constitúe, ao mesmo tempo, un espazo ao redor do que se desenvolve un importante labor cultural, educativo, turístico, social e comunitario.


[LOGO CONSELLERIA]

portada | contacto | aviso legal | accesibilidade | RSS | mapa web