Buscador xeográfico

Buscador avanzado

petroglifos

Visita

  • Área arqueolóxica da Caeira

    Área arqueolóxica da Caeira

    No concello de Poio, delimitado por un muro de perpiaño, atópanse un conxunto de rochas con gravados neolíticos entre as que destacan a chamada Laxe das Lebres e a Pedra Grande de Montecelo, onde se atopan tanto debuxos zoomorfos como motivos xeométricos.

  • Petróglifo na área arqueolóxica de arte rupestre de Tourón

    Área Arqueolóxica de Arte Rupestre de Tourón

    O centro arqueolóxico de Tourón está integrado na Rede de Patrimonio Galego e, máis concretamente, no proxecto do Parque de Arte Rupestre, a través do cal se pretende abordar a protección, investigación e difusión da arte rupestre galega. Aínda que centra a súa acción no concello de Campo Lameiro, o proxecto compleméntase con actuacións sobre outras estacións rupestres significativas, como é o caso de Tourón.

  • Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre en Campo Lameiro

    Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre en Campo Lameiro

    O parque da arte rupestre de Campo Lameiro está concibido como un modelo integrado para a protección, investigación e xestión dos petróglifos galegos. Atópase dentro da RGPA, que é un programa creado pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia coa finalidade de promover o patrimonio arqueolóxico galego. Dentro desta rede prevense crear catro parques máis, un por provincia, dedicados a outras manifestacións arqueolóxicas.

  • Petróglifos de Laxe das Rodas e Cova da Bruxa

    Petróglifos de Laxe das Rodas e de Cova da Bruxa

    Muros conta con numerosos gravados rupestres da Idade do Bronce. Os máis salientábeis son os de Laxe das Rodas e Cova da Bruxa, nas parroquias de Louro e Serres, respectivamente. O culto astral e a simboloxía máxica son eixos temáticos centrais neles, malia teren dado pé a interpretacións moi diversas.

  • Os petróglifos de Mogor son abondosos en gravados xeométricos

    Petróglifos de Mogor

    Trátase dunha das estacións rupestres máis emblemáticas da arte rupestre galega, coñecida xa desde mediados do s. XIX. Está situada sobre a praia de Mogor e integrada por varias rochas sobre as que gravaron un considerábel número de cazoletas e de deseños xeométricos e, en menor medida, representacións de cérvidos.


[LOGO CONSELLERIA]

portada | contacto | aviso legal | accesibilidade | RSS | mapa web