Neste momento contén 172 bens
Aparecerán todos os arquivos relacionados co patrimonio que buscas:
Buscador avanzado | 9 resultados atopados
O parque da arte rupestre de Campo Lameiro está concibido como un modelo integrado para a protección, investigación e xestión dos petróglifos galegos. Atópase dentro da RGPA, que é un programa creado pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia coa finalidade de promover o patrimonio arqueolóxico galego. Dentro desta rede prevense crear catro parques máis, un por provincia, dedicados a outras manifestacións arqueolóxicas.
O centro arqueolóxico de Tourón está integrado na Rede de Patrimonio Galego e, máis concretamente, no proxecto do Parque de Arte Rupestre, a través do cal se pretende abordar a protección, investigación e difusión da arte rupestre galega. Aínda que centra a súa acción no concello de Campo Lameiro, o proxecto compleméntase con actuacións sobre outras estacións rupestres significativas, como é o caso de Tourón.
Ponte Sampaio atópase facendo fronteira entre a parroquia de Arcade, do concello de Soutomaior, e a parroquia de Ponte Sampaio, do municipio de Pontevedra, no fondo da ría de Vigo, na desembocadura do río Verdugo. A súa historia quedou ligada á Guerra da Independencia, xa que nela se librou unha batalla no 1809 contra as tropas de Napoleón que determinou a saída de Galiza do exército francés.
Santa María a Maior é un templo renacentista construído polo gremio dos mareantes (mariñeiros) nos últimos anos do s. XV ou comezos do XVI. Situada no núcleo urbano de Pontevedra, posúe un emprazamento privilexiado desde o que se que domina a ría e se pode contemplar un dos tramos da antiga muralla que aínda se conservan.
Na capela da Peregrina as correntes neoclasicistas do S. XVIII final combínanse coas fórmulas do barroco galego. Foi construída a partir de 1778 segundo trazas de Antonio de Souto coa colaboración de Bernardo José de Mier. Forma parte da serie de templos galegos de planta circular, iniciada por Casas Novoa no de "Nosa Señora dos Ollos Grandes" (Lugo).
A cidade de Pontevedra foi un foco de atracción de mercadores e familias fidalgas que deixaron a súa marca na arquitectura local. O casco histórico atópase perfectamente delimitado polo espazo que definiron as murallas derrubadas do século XV. Aínda que moitas das edificacións se perderon, o conxunto que permanece é moi amplo e atópase entre os de maior interese de Galiza.
No momento da súa creación en 1927, o Museo de Pontevedra toma o relevo da Sociedade Arqueolóxica, pon en funcionamento o Centro de Estudos Locais e inicia un continuo labor de compilación, catalogación e exposición de fondos de moi diverso tipo. A súa primeira sede é a das Ruínas de San Domingos, ampliándose ao longo do século a varios edificios distribuídos polo casco histórico da vila.
Situado na Casa da Cultura de Pontevedra, o Arquivo foi creado en 1932 para dar cabida aos protocolos notariais da provincia. Na actualidade recolle ademais fondos procedentes das Administracións e algúns arquivos privados.