Buscador xeográfico

Buscador avanzado

Que ben patrimonial buscas?

Aparecerán todos os arquivos relacionados co patrimonio que buscas:

Formulario de busca de bens

Escolle unha ou varias das seguintes opcións:

Buscador avanzado | 3 resultados atopados

Páxina 1/1
Resultado da búsqueda: Ubicación

Mosteiro de Santa María de Armenteira

Sitúase o mosteiro de Armenteira no val do Salnés, dominando unha alta canada na ladeira occidental do monte Castrove. A situación do conxunto responde ao arquetipo cisterciense: val pouco accesíbel, rodeado de montañas e con leito de auga. A disposición dos edificios é tamén a habitual da orde: igrexa ao norte do conxunto, en orientación leste-oeste; pegado a ela, o claustro; e, ao seu redor, as estancias monacais.

Pazo de Fefiñáns

O pazo nobre e fidalgo de Figueroa, máis amplamente coñecido como pazo de Fefiñáns, é un edificio de planta en L de baixo e piso construído no século XVI. Xunto coa igrexa neoclásica de San Bieito, situada ao seu carón, o edificio enmarca a ampla praza de Fefiñáns, recinto emblemático do casco histórico de Cambados. Na actualidade, o pazo é sede dunha das máis antigas adegas locais.

Vila e necrópole de Adro Vello

A escasos dous quilómetros de San Vicente de O Grove atópase, a pé do Con Sineiro, a necrópole de Adro Vello. No montículo de area onde se sitúa estaba a vella igrexa de O Grove, o que lle outorga o nome ao espazo.

Páxina 1/1

[LOGO CONSELLERIA]

portada | contacto | aviso legal | accesibilidade | RSS | mapa web