Neste momento contén 172 bens
Aparecerán todos os arquivos relacionados co patrimonio que buscas:
Buscador avanzado | 5 resultados atopados
Trátase dunha das estacións rupestres máis emblemáticas da arte rupestre galega, coñecida xa desde mediados do s. XIX. Está situada sobre a praia de Mogor e integrada por varias rochas sobre as que gravaron un considerábel número de cazoletas e de deseños xeométricos e, en menor medida, representacións de cérvidos.
Os cruceiros figuran entre os monumentos máis representativos de Galiza e adoitan situarse nas encrucilladas, á beira dos camiños, nos lindes das parroquias ou nos adros das igrexas. Este último caso é o do cruceiro do Hío, que se atopa en fronte da igrexa parroquial do mesmo nome, no concello pontevedrés de Cangas. Esta peza do século XIX, obra do escultor Xosé Cerviño García, destaca por estar construída a partir dun único bloque de pedra desde o pedestal da cruz.
O Museo Massó, inaugurado en 1932, ten a súa orixe nunha ampla colección de obxectos relacionados co mar e nunha salientábel colección bibliográfica pertencentes á familia catalá dos Massó. Está situado nunha parte do espazo que ocupaba antiga fábrica de salga creada en Bueu no ano 1816 por Salvador Massó, a cal perdurou ata finais do s. XX.
Sito actualmente no adro da igrexa parroquial, este conxunto de tres cruceiros é, xunto co de Beade, un dos máis relevantes do país. Esta última estación do vía crucis destaca pola utilización de cruces latinas tanto para Xesús como para os ladróns, á diferencia da forma en tau que adoitan amosar para estes personaxes os calvarios galegos.
Coñécese co nome de Chan de Castiñeiras un conxunto megalítico formado por sete mámoas, agrupadas en dúas áreas. Datan do Calcolítico, entre o 2500 e o 2000 a. C., e de entre todas elas destaca a Mámoa do Rei, un amplo túmulo de trinta metros de diámetro con dolmen de corredor.