Neste momento contén 172 bens
Aparecerán todos os arquivos relacionados co patrimonio que buscas:
Buscador avanzado | 5 resultados atopados
O asentamento castrexo de Santa Tegra compón un xacemento arqueolóxico cunha extensión de 700 metros en dirección norte-sur por 300 metros en sentido oeste-leste. Rodeado por unha muralla que o delimita máis do que o protexe, o conxunto recolle vivendas, almacéns e fornos que exemplifican as características esenciais dos asentamentos galaicos durante os primeiros tempos da ocupación romana da Gallaecia. Recibiu o nome de "citania" pola influencia e semellanza cos grandes castros do norte de Portugal.
Arredor de 1120 o bispo Alfonso II coloca a primeira pedra da actual catedral sobre os cimentos da antiga. Foi consagrada polo bispo Egea entre 1224 e 1225. A basílica sufriu numerosas transformacións ata o século XVII: o soportal foi rematado en 1287, a cabeceira foi modificada a finais do século XV e o claustro foi feito no século XIII e reconstruído en 1408 e 1464.
Antiga capital dunha das provincias do Reino de Galiza, Tui foi afectada por diversas invasións dada a súa situación fronteiriza. A pesar diso conserva un conxunto medieval monumental de gran valor, declarado conxunto histórico artístico en 1976. Del destaca a súa catedral fortaleza, que combina o estilo románico co nacente gótico, ademais de numerosas igrexas de época medieval e moderna e salientábeis elementos civís como as murallas do s. XII e a ponte internacional do XIX.
Trátase dun conxunto de trinta e seis muíños situados en ringleira uns á beira dos outros cunha canle común, de xeito que todos aproveitan a auga dos anteriores. Preto destes aparece o conxunto do Picón, formado por outros trinta e un muíños tamén dispostos en cascada. Sitúanse todos eles na ladeira dun monte chamado Campo do Couto, entre os barrios de Martín e Fornelos.
O mosteiro de Oia é un cenobio cisterciense baixo a advocación de Santa María a Real que se localiza na beira do mar, na parroquia pontevedresa de Oia, no concello homónimo. A fins do s. XII comezouse a construción da igrexa, de estilo románico. O coro é do s. XVII e a fachada de estilo barroco de fins do s. XVIII.