Buscador xeográfico

Buscador avanzado

Que ben patrimonial buscas?

Aparecerán todos os arquivos relacionados co patrimonio que buscas:

Formulario de busca de bens

Escolle unha ou varias das seguintes opcións:

Buscador avanzado | 9 resultados atopados

Páxina 1/2 Seguinte »
Resultado da búsqueda: Ubicación

Igrexa do mosteiro de San Pedro de Rocas

A igrexa de San Pedro de Rocas forma parte do que outrora fora un dos mosteiros máis antigos de Galiza, xa que a súa orixe se remonta probabelmente ao século VI. O conxunto está formado polo templo escavado na mesma rocha, a casa prioral e a espadana, ademais dos enterramentos escavados e a praza miradoiro.

Catedral de Ourense

Cerne do conxunto histórico da cidade, a catedral de San Martiño constitúe un dos edificios románicos máis sobranceiros e de maiores dimensións no territorio peninsular. Iniciado a mediados do século XII, o templo coñeceu numerosas modificacións e ampliacións ao longo do tempo.

Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil

A orixe do mosteiro remóntase ao século VI, chegando a atribuírse a súa fundación a San Martiño Dumiense, aínda que a primeira documentación que se conserva é do 921 d.C. O que está claro é que Santo Estevo xogou un importante papel na economía durante a Idade Media e Moderna, o que quedou reflectido na súa grandiosidade.

Ponte Vella de Ourense

A chamada Ponte Romana, Vella ou Maior pertence á antiga vía romana de Braga a Lugo, se ben actualmente se mostra como unha obra medieval. Segundo as medidas de Manuel Chamoso Lamas, a construción abranguería 370 metros de lonxitude, 38 metros de altitude máxima e 43,70 metros de luz no arco central.

Pazo de Trasalba

A casa onde Ramón Otero Pedrayo pasou os veráns da súa infancia non corresponde ás características típicas dunha casa señorial galega. O seu máximo interese reside en ter sido a residencia do autor, estando dedicada na actualidade a conservar e divulgar o seu legado.

Pazo dos Oca-Valladares (Liceo Recreativo Ourensán)

Este pazo foi fundado por D. Álvaro de Oca y Deza no século XVI. No 1529, Álvaro de Oca y Sarmiento, fillo do anterior, encargou a un canteiro de certo prestixio a fachada, un dos elementos máis relevantes do edificio xa que está repleta de elementos suntuarios e de programas decorativos destinados a mostrar o prestixio dos seus posuidores.

Conxunto histórico de Ourense

O conxunto histórico de Ourense está pragado de numerosos edificios e monumentos entre os que descatan especialmente as burgas, mananciais de augas termais e mineromedicinais. Están constituídas por tres fontes nunha praza de dúas alturas: na superior, a burga de Arriba, de construción máis antiga, de dous canos; pegada ao muro, a burga do Medio, de estilo moderno; e na zona inferior, a burga de Abaixo, con fachada neoclásica do XIV, con dous canos laterais e unha pía labrada, e ao seu carón o Surtidoiro ou Fervedoiro, protexido por unha reixa, no que auga abrolla desprendendo gas e vapor.

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

No corazón do centro histórico ourensán, o Pazo Episcopal é un extraordinario edificio románico con engados góticos, renacentistas e barrocos. Desde 1951 alberga no seu seo o Museo Arqueolóxico da provincia, un centro que destaca polos seus valiosos fondos históricos e pola súa ampla sección de belas artes.

Páxina 1/2 Seguinte »

[LOGO CONSELLERIA]

portada | contacto | aviso legal | accesibilidade | RSS | mapa web