Buscador xeográfico

Buscador avanzado

Que ben patrimonial buscas?

Aparecerán todos os arquivos relacionados co patrimonio que buscas:

Formulario de busca de bens

Escolle unha ou varias das seguintes opcións:

Buscador avanzado | 14 resultados atopados

Páxina 1/2 Seguinte »
Resultado da búsqueda: Patrimonio cultural

Hórreos da Merca

Os hórreos, presentes no noroeste peninsular, constitúen un rasgo xenuíno da arquitectura popular galega do rural. Estas construcións complementarias á casa labrega, de pedra ou madeira, teñen por finalidade a conservación dos cereais e doutros produtos do campo -especialmente millo-, ademais de secalos, curalos e protexelos dos ratos.

Hórreo de Lira

O hórreo de Lira é un dos elementos máis representativos do concello de Carnota. Desde fai moitos séculos, o hórreo é a peza clave do contexto arquitectónico, económico e cultural nas casas rurais galegas. É un espazo empregado para almacenar e protexer os froitos da colleita, fundamentalmente o millo.

Pendellos da feira de Agolada

Os pendellos da feira de Agolada son construcións de pedra do s. XVIII empregadas polos feirantes para resgardarse, gardar as cabalerías ou gando, comer e facer as vendas e as compras. A vila da Agolada é famosa pola súa tradicional feira do día 12.

Cruceiro do Hío

Os cruceiros figuran entre os monumentos máis representativos de Galiza e adoitan situarse nas encrucilladas, á beira dos camiños, nos lindes das parroquias ou nos adros das igrexas. Este último caso é o do cruceiro do Hío, que se atopa en fronte da igrexa parroquial do mesmo nome, no concello pontevedrés de Cangas. Esta peza do século XIX, obra do escultor Xosé Cerviño García, destaca por estar construída a partir dun único bloque de pedra desde o pedestal da cruz.

Batáns do Mosquetín

Os dous folóns de Mosquetín, situados na parroquia coruñesa de Salto (Vimianzo) foron restaurados recentemente pola Deputación Provincial da Coruña, e na actualidade forman parte xunto con dous muíños dun Conxunto Etnográfico. Os folóns teñen máis de dous séculos de antigüidade e ata o ano 1974 acudían a estes batáns do Mosquetín as mulleres
que tecían mantas na zona para abatanalas e para que botasen o pelo.

Muíños do Folón

Trátase dun conxunto de trinta e seis muíños situados en ringleira uns á beira dos outros cunha canle común, de xeito que todos aproveitan a auga dos anteriores. Preto destes aparece o conxunto do Picón, formado por outros trinta e un muíños tamén dispostos en cascada. Sitúanse todos eles na ladeira dun monte chamado Campo do Couto, entre os barrios de Martín e Fornelos.

Santuario de San Andrés de Teixido

Trátase dun dos santuarios con máis tradición de Galiza, alí ten lugar a romaría en honor a Santo André de Teixido, declarada festa de interese turístico nacional. A esta romaxe acódese o venres, sábado e domingo de pentecoste, o día 24 de xuño e do 16 de agosto ao 9 de setembro. Neste último período salienta o día 8 de setembro pola celebración da misa solemne, o misote, e pola grande afluencia de romeiros.

Conxunto etnográfico do Cebreiro

Na alta montaña lucense, no límite das provincias de León e Lugo, atópase este pequeno poboado que durante séculos acolleu aos peregrinos composteláns que facían o Camiño Francés. O conxunto etnográfico está formado por catro pallozas, vivendas usuais da comarca ata o século pasado. Nel pódese ver a propia arquitectura das pallozas e a colección de bens que se garda e expón no seu interior: mobles, vestimentas, útiles domésticos, apeiros de labranza típicos do lugar, etc.

Páxina 1/2 Seguinte »

[LOGO CONSELLERIA]

portada | contacto | aviso legal | accesibilidade | RSS | mapa web