Neste momento contén 172 bens
Aparecerán todos os arquivos relacionados co patrimonio que buscas:
Buscador avanzado | 8 resultados atopados
O pazo de Castrelos, testemuña da fidalguía galega en Vigo, estivo presente en boa parte da historia da cidade, chegando a ser considerado polos seus habitantes coma un dos seus principais sinais de identidade. A edificación foi construída no século XVII e posteriormente reformado a finais do XIX. Na actualidade é a sede do Museo municipal de Vigo "Quiñones de León".
No pazo destaca a configuración urbanística da praza, a riqueza artística da igrexa, de deseño e articulación excepcional, e o trazado dos xardíns. As dependencias palacianas amosan a amplitude das estancias principais de arquitectura sinxela e numerosas construcións vencelladas a elas con moitos elementos escultóricos dun barroco vexetal perfectamente integrado no xardín. A capela do pazo forma parte do conxunto monumental e define un dos límites da praza de chegada onde tamén se atopa o cruceiro.
O pazo nobre e fidalgo de Figueroa, máis amplamente coñecido como pazo de Fefiñáns, é un edificio de planta en L de baixo e piso construído no século XVI. Xunto coa igrexa neoclásica de San Bieito, situada ao seu carón, o edificio enmarca a ampla praza de Fefiñáns, recinto emblemático do casco histórico de Cambados. Na actualidade, o pazo é sede dunha das máis antigas adegas locais.
O pazo de Mariñán é unha edificación do s. XVIII que, malia que foi construído na época barroca, non presenta o aspecto dos pazos galegos clásicos. Posúe capela e dúas escalinatas con balaustradas, figuras e fontes nas que se mesturaron elementos barrocos e neoclásicos de estilo compostelán. O pazo e os seus xardíns son conxunto histórico-artístico e monumental desde 1972.
A casa onde Ramón Otero Pedrayo pasou os veráns da súa infancia non corresponde ás características típicas dunha casa señorial galega. O seu máximo interese reside en ter sido a residencia do autor, estando dedicada na actualidade a conservar e divulgar o seu legado.
Este pazo foi fundado por D. Álvaro de Oca y Deza no século XVI. No 1529, Álvaro de Oca y Sarmiento, fillo do anterior, encargou a un canteiro de certo prestixio a fachada, un dos elementos máis relevantes do edificio xa que está repleta de elementos suntuarios e de programas decorativos destinados a mostrar o prestixio dos seus posuidores.
A orixe do pazo de Cotón é medieval pero sufriu numerosos engadidos e reformas nos últimos trescentos anos, os máis significativos no s. XVII. A súa disposición, cunha serie de edificacións concatenadas, configura un conxunto singular que segue conservando un aire de cidadela medieval polos numerosos torreóns de planta circular e as ameas que amosan todos os paseos.
A mansión, construída na primeira metade do século XVIII, ocupa un dos laterais da compostelá Praza do Toural. O edificio, con baixo e dous andares, conta tamén con fachadas á Rúa Nova e á Rúa do Vilar. Na actualidade, o Pazo acolle a sede da Fundación Eugenio Granell.