Buscador xeográfico

Buscador avanzado

Que ben patrimonial buscas?

Aparecerán todos os arquivos relacionados co patrimonio que buscas:

Formulario de busca de bens

Escolle unha ou varias das seguintes opcións:

Buscador avanzado | 5 resultados atopados

Páxina 1/1
Resultado da búsqueda: Patrimonio cultural

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre en Campo Lameiro

O parque da arte rupestre de Campo Lameiro está concibido como un modelo integrado para a protección, investigación e xestión dos petróglifos galegos. Atópase dentro da RGPA, que é un programa creado pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia coa finalidade de promover o patrimonio arqueolóxico galego. Dentro desta rede prevense crear catro parques máis, un por provincia, dedicados a outras manifestacións arqueolóxicas.

Área Arqueolóxica de Arte Rupestre de Tourón

O centro arqueolóxico de Tourón está integrado na Rede de Patrimonio Galego e, máis concretamente, no proxecto do Parque de Arte Rupestre, a través do cal se pretende abordar a protección, investigación e difusión da arte rupestre galega. Aínda que centra a súa acción no concello de Campo Lameiro, o proxecto compleméntase con actuacións sobre outras estacións rupestres significativas, como é o caso de Tourón.

Petróglifos de Mogor

Trátase dunha das estacións rupestres máis emblemáticas da arte rupestre galega, coñecida xa desde mediados do s. XIX. Está situada sobre a praia de Mogor e integrada por varias rochas sobre as que gravaron un considerábel número de cazoletas e de deseños xeométricos e, en menor medida, representacións de cérvidos.

Petróglifos de Laxe das Rodas e de Cova da Bruxa

Muros conta con numerosos gravados rupestres da Idade do Bronce. Os máis salientábeis son os de Laxe das Rodas e Cova da Bruxa, nas parroquias de Louro e Serres, respectivamente. O culto astral e a simboloxía máxica son eixos temáticos centrais neles, malia teren dado pé a interpretacións moi diversas.

Área arqueolóxica da Caeira

No concello de Poio, delimitado por un muro de perpiaño, atópanse un conxunto de rochas con gravados neolíticos entre as que destacan a chamada Laxe das Lebres e a Pedra Grande de Montecelo, onde se atopan tanto debuxos zoomorfos como motivos xeométricos.

Páxina 1/1

[LOGO CONSELLERIA]

portada | contacto | aviso legal | accesibilidade | RSS | mapa web