Buscador xeográfico

Buscador avanzado

Rías Baixas | Pontevedra | Ponte-Caldelas | Tourón (Santa María P.) | Tourón | Área Arqueolóxica de Arte Rupestre de Tourón

O patrimonio arqueolóxico | Petróglifos | Área Arqueolóxica de Arte Rupestre de Tourón

Área Arqueolóxica de Arte Rupestre de Tourón

Petróglifo na área arqueolóxica de arte rupestre de Tourón

envía esta foto como postal

Petróglifo na área arqueolóxica de arte rupestre de Tourón Área arqueolóxica de arte rupestre de Tourón Área arqueolóxica de arte rupestre de Tourón Área arqueolóxica de arte rupestre de Tourón

O centro arqueolóxico de Tourón está integrado na Rede de Patrimonio Galego e, máis concretamente, no proxecto do Parque de Arte Rupestre, a través do cal se pretende abordar a protección, investigación e difusión da arte rupestre galega. Aínda que centra a súa acción no concello de Campo Lameiro, o proxecto compleméntase con actuacións sobre outras estacións rupestres significativas, como é o caso de Tourón.

Os criterios para seleccionar estas estacións teñen que ver coa súa relevancia científica e patrimonial, coa súa conservación, coa súa complementariedade con respecto á oferta expositiva do parque arqueolóxico e con algunhas razóns de carácter máis práctico, como a titularidade dos terreos e a existencia dunha rede viaria axeitada até os petróglifos.

A área arqueolóxica de Tourón ocupa unha superficie de algo máis de 15 hectáreas e ofrece a posibilidade de visitar cinco estacións rupestres. Estas aglutinan un considerábel número de petróglifos sinalizados nun percorrido de algo máis de 2 quilómetros de lonxitude.

Os petróglifos caracterízanse pola gran orixinalidade das figuras representadas: paneis sinxelos integrados por coviñas, combinacións circulares ou zoomorfos, aparecen xunto con outros petróglifos máis complexos como o gran panel de Laxe das Cruces, con motivos xeométricos e naturalistas, ou a escena de cacería plasmada en Nabal de Martiño.

No inicio do percorrido hai un centro expositivo, cuxo obxecto é proporcionar a información necesaria aos visitantes que se acheguen ao xacemento arqueolóxico, ilustrando a paisaxe cultural na que os petróglifos son unha parte esencial. A través dunha narrativa sinxela preséntase a vida cotiá das sociedades que realizaron os gravados e viviron neste lugar durante os milenios III e II a.C. Tamén se mostra como era a paisaxe na que estabeleceron os seus poboados, os lugares nos que elaboraron os petróglifos, os motivos e as escenas representados e a maneira de realizalos.

• Datos principais

Área Arqueolóxica de Arte Rupestre de Tourón

Rías Baixas / Pontevedra / Ponte-Caldelas / Tourón (Santa María P.) / Tourón

N42°24'18.48'' - W8°31'33.27''

X539073 - Y4670501 Fuso: 29

Datación

Neolítico - Idade do Bronce

Entre o neolítico e o final da Idade do Bronce.

Estilo

Arte rupestre

Categoría

Petróglifos

Grao de protección

Inventariado


• Datos de contacto

Lugar de Tourón, 36828 Ponte Caldelas

www.pontecaldelas.org

centroarqueoloxicotourona r r o b apontecaldelas.org

Teléfono: 986 090 300 / 671 585 851

Fax: 986 766 338

Horario

Acceso libre todos os días do ano á Área arqueolóxica.
O centro arqueolóxico abre os sábados e domingos todo o ano, así como os festivos de carácter nacional ou rexional. Tamén abre os días laborábeis para as visitas guiadas concertadas.
Horarios estacionais (consultar)
Sen restricións de idade.
As visitas guiadas teñen unha duración aproximada de dúas horas e deben concertarse previamente chamando por teléfono.
Non hai restricións de cupo diario de visitantes
Prezo das entradas: 2 euros por persoa. Menores de seis anos entrada gratuíta.
Reservas: reserva unicamente para grupos, previa solicitude ao enderezo de correo e confirmación.

• Outros datos de interese

Conxuntos arquitectónicos / Visitas relacionadas

Petróglifos



[LOGO CONSELLERIA]

portada | contacto | aviso legal | accesibilidade | RSS | mapa web