Neste momento contén 172 bens
Rías Baixas | Pontevedra | Campo Lameiro | Paredes | Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre en Campo Lameiro
O patrimonio arqueolóxico | Petróglifos | Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre en Campo Lameiro

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre en Campo Lameiro
O parque da arte rupestre de Campo Lameiro está concibido como un modelo integrado para a protección, investigación e xestión dos petróglifos galegos. Atópase dentro da RGPA, que é un programa creado pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia coa finalidade de promover o patrimonio arqueolóxico galego. Dentro desta rede prevense crear catro parques máis, un por provincia, dedicados a outras manifestacións arqueolóxicas.
Os obxectivos deste parque son xenéricos para a arte rupestre e concrétanse en: desenvolver mecanismos eficientes para a súa conservación e protección; deseñar estratexias para a súa rendibilidade social; xerar un instrumento adecuado para a súa divulgación; desenvolver estratexias específicas para o seu rexistro e investigación a partir da creación de infraestruturas de documentación e investigación; e, finalmente, convertela nun recurso patrimonial que incida no desenvolvemento sustentábel do territorio sobre o que se implanta.
O val medio do Río Lérez (Campo Lameiro e Cotobade) é unha zona especialmente rica neste tipo de patrimonio en canto á cantidade, calidade e variedade dos motivos e ás dimensións e complexidade dos paneis. A estas características únense razóns prácticas que fan da zona ideal para a elección deste sitio.
O parque vai ocupar unhas 21 hectáreas, e estará situado nunha dorsal alombada moi visíbel entre as parroquias de Paredes e Praderrei. Neste espazo existen 70 rochas con gravados, sobre as que se veñen realizando desde o 2003 diversas actuacións arqueolóxicas que inclúen prospección, escavación e reprodución.
O parque, aínda en construción, contará con visitas guiadas e cun centro de interpretación. No entorno do parque é posíbel visitar outros conxuntos rupestres de grande importancia que foron acondicionados para facilitar o acceso ao público: Campo de Matabois, Outeiro do Pan Trigo, Rotea de Mendo e Chan da Lagoa, no concello de Campo Lameiro, e Fentáns no de Cotobade, así coma xacementos doutras épocas, como o castro de Penalba, e unha interesante arquitectura civil e relixiosa nas localidades inmediatas.
A actuación sobre a arte rupestre non se vai limitar ao concello de Campo Lameiro, senón que contempla a presenza de actuacións sobre outras estacións rupestres significativas: Mogor (Marín), Tourón (Ponte Caldelas) e A Caeira (Pontevedra).
Rías Baixas / Pontevedra / Campo Lameiro / Paredes
N42°32'31.89'' - W8°32'25.04''
X537805 - Y4685679 Fuso: 29
Arte rupestre
Petróglifos
BIC
Declarado Zona arqueolóxica por disposición do Decreto 221 do 20-06-2002 e publicado no DOG 01-07-2002
Paredes-Praderrei- Campo Lameiro
oficinas
campolameiro.com
Teléfono: 986 752 034 / 986 752 484
Fax: 986 752 084