Buscador xeográfico

Buscador avanzado

Terras de Compostela | Santiago | Santiago de Compostela | Catedral de Santiago de Compostela

O patrimonio arquitectónico | Igrexas | Catedral de Santiago de Compostela

Catedral de Santiago de Compostela

Exterior da catedral de Santiago de Compostela

envía esta foto como postal

Exterior da catedral de Santiago de Compostela Catedral de Santiago de Compostela Catedral de Santiago de Compostela Catedral de Santiago de Compostela Catedral de Santiago de Compostela Catedral de Santiago de Compostela Catedral de Santiago de Compostela

A catedral de Santiago de Compostela é, desde hai varios séculos, un referente da Cristiandade en Occidente. Trátase dun monumento complexo e diverso, tanto interior como exteriormente. Foi consagrada no ano 1211, aínda que en posteriores épocas iránselle engadindo numerosos elementos e dependencias ou modificando os anteriores. De aí a súa famosa aparencia barroca.

Da súa primeira fase, desenvolvida entre os séculos XI e XII, é a súa planta de cruz latina, o deambulatorio e tres capelas absidais centrais: a de San Salvador, a da Azucena e a de San Xoán. Despois de quedar as obras paralizadas por problemas económicos, retómanse de 1093 a 1101 coa ampliación do deambulatorio, co deseño do cruceiro de tres naves e capelas e coa execución do pórtico das praterías, obras todas do mestre Estevo, segundo algúns estudosos.

No 1109 encárgaselle a Bernardo o Mozo a organización da capela maior e do brazo principal, aínda que este último queda inconcluso e non se remata até 1168. Considérase protogótico, igual que o peche occidental, o Pórtico da Gloria e a cripta, fermosas mostras que lle debemos ao mestre Mateo e ao seu obradoiro.

Con esta armazón conságrase a catedral no 1211, pero o proceso continúa con engadidos góticos como a torre do reloxo ou da Berenguela -completada no renacemento-, o ciborio e as capelas da cabeceira.

O renacemento tamén se fai notar no edificio, con exemplos como a portada da sancristía e o claustro; a fachada do Tesouro; a escalinata do Obradoiro, de Ginés Martínez; o mecanismo que acciona o voo do botafumeiro; os púlpitos do altar maior, de Juan Bautista Celma; e, finalmente, as capelas da Concepción, Mondragón e San Fernando e mais a sancristía.

As manifestacións do estilo barroco son numerosísimas, xa que tres das súas fachadas son reformadas segundo as correntes deste estilo: a do Obradoiro, de Casas Novoa -cun esquema de gran retablo central e dúas torres-; a da Acibechería, reformada totalmente por Ferro Caaveiro e Fernández Sareal; e a do recuncho do claustro, nas Praterías.

Este estilo reflíctese interiormente en varias capelas: a maior, na que salienta o baldaquino coas columnas salomónicas; a do Pilar; a do Cristo de Burgos; e as de Santo André, Santa catarina e Santo Antón. Completan esta listaxe barroca o Pórtico da Quintana, de Domingo de Andrade; a Porta Santa, con esculturas procedentes do coro pétreo do mestre Mateo; os órganos da nave maior; e os confesionarios maiores.

Son menores as pegadas neoclásicas, pero podemos contemplalas na fachada norte, a da Acibechería -na que se practica unha nova reforma-; na capela da Comuñón; e na sala e a biblioteca capitulares, obra de Casas Novoa e Ferro Caaveiro.

• Datos principais

Catedral de Santiago de Compostela

Terras de Compostela / Santiago / Santiago de Compostela

N42°52'49.97'' - W8°32'42.83''

X537199 - Y4722948 Fuso: 29

Datación

s. X - s. XI - s. XII - s. XIII - s. XIV - s. XV - s. XVI - s. XVII - s. XVIII - s. XIX

Estilo

Románico - Gótico - Renacentista - Barroco - Neoclásico

Categoría

Igrexas

Grao de protección

Patrimonio da Humanidade

Declarado Monumento por disposición da Lei de 22/8/1896 e publicado no GAC do 25/8/1896


• Datos de contacto

Praza do Obradoiro, s/n. Santiago de Compostela.

www.catedraldesantiago.es

museocatedrala r r o b acatedralsantiago.es

Teléfono: 981 569 327

Fax: 981 563 366

Horario

Aberta todos os días do ano de 7:00 a 21:00.

Misas:
  • Capelas: todos os días ás 7:30, 8:00, 8:30, 9:00 e 11:00.
  • Capela da Corticela (parroquia de peregrinos, estranxeiros e vascos en Compostela): todos os días ás 11:15.
  • Altar Maior: de luns a sábado ás 19:30; o domingo ás 13:00, 18:00 e 19:30.
  • Misa Solemne Alta Maior: de luns a sábado as 9:30; o domingo ás 10:00.
  • Misas do Peregrino Alta Maior: todos os días ás 12:00.

Visita das Cubertas da Catedral: Visita guiada e en grupos, como máximo de 25 persoas, previa solictude. A explicación pode ser en inglés. Está prevista tamén a atención a grupos máis numerosos en casos puntuais para os que sexan necesarias actuacións específicas, congresos, reunións... Os contidos da explicación adécuanse ás distintas tipoloxías de público e esixencias, segundo a súa idade, grao de formación e inquietudes.
Contémplase a posibilidade da subida de nenos, baixo a responsabilidade dos pais ou acompañantes.
Visitas de luns a domingo: de 10:00 a 14:00. e de 16:00 a 20:00.
24 e 31 de decembro: de 10:00 a 14:00
1 e 6 de xaneiro, 25 de xullo, 15 de agosto e 25 de decembro, pechado.

Prezos:
  • Entrada xeral: 10 euros.
  • Entrada reducida: 8 euros (grupos, estudantes, terceira idade, peregrinos...).
  • 2 euros (de outubro a xuño para centros educativos, con máis de 15 alumnos/as).

• Outros datos de interese

Conxuntos arquitectónicos / Visitas relacionadas

Igrexas



[LOGO CONSELLERIA]

portada | contacto | aviso legal | accesibilidade | RSS | mapa web