Neste momento contén 172 bens
Rías Baixas | Pontevedra | Poio | Poio (San Salvador) | A Caeira-Boa Vista | Área arqueolóxica da Caeira
O patrimonio arqueolóxico | Petróglifos | Área arqueolóxica da Caeira

Área arqueolóxica da Caeira
No concello de Poio, delimitado por un muro de perpiaño, atópanse un conxunto de rochas con gravados neolíticos entre as que destacan a chamada Laxe das Lebres e a Pedra Grande de Montecelo, onde se atopan tanto debuxos zoomorfos como motivos xeométricos.
A área arqueolóxica da Caeira comprende un amplo conxunto de rochas con petróglifos, que testemuñan a presenza do home en terras de Poio xa en tempos antigos. De feito, a datación destes achados sitúa aos poboadores nesta zona na Idade de Bronce. Pola súa, a estación riqueza supón un conxunto de gran relevancia no estudo da arte rupestre galega.
Do grupo de máis de doce placas graníticas ilustradas, destacan especialmente dúas. A Pedra Grande de Montecelo, presenta eminentemente decoracións xeométricas. Pódese ver na súa superficie un numeroso e heteroxéneo conxunto de sucos formando cazoletas e outras combinacións circulares.
A Laxe das Lebres, a segunda amosa máis de catro decenas de cérvidos, na súa maioría de grandes cornamentas, entre as que caben salientar varias parellas de animais. Na parte inferior da rocha, pódense observar dúas escenas de monta entre dúas parellas de animais. En xeral, os cérvidos téñense relacionado en outras culturas co rito funerario e tamén co sol, sen que iso vincule as representación da Caeira con eses significados.
Ademais, na zona central atópase unha das composicións máis estudadas do grupo. Trátase dunha parella de cervos unidos polas patas debuxados en simetría especular. A liña que os separa, posible representación do chan, desemboca nun círculo con cazoletas interiores. Malia que se descoñece o significado concreto desta representación, o que resulta evidente é que posúe unha importante carga narrativa de carácter simbólico.
Na actualidade, estase desenvolvendo a posta en marcha dun Centro Arquelóxico na Caeira que permita un fácil acceso aos petróglifos e facilite a súa conservación, ademais de facilitar información sobre os abundantes achados prehistóricos da zona.
Rías Baixas / Pontevedra / Poio / Poio (San Salvador) / A Caeira-Boa Vista
N42º25'48.79'' - W8º39'36.75''
X527950 - Y4697600 Fuso: 29
Idade do Bronce
Arte rupestre
Petróglifos
Inventariado
Centro Arqueolóxico da Caeira- Avda. Andurique, 43 - 36163 San Salvador, Poio
turismo
concellodepoio.es
Teléfono: 986 833 204